Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Habilidades, técnicas e instrumentos en traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario O alumnado para garantir o desenvolmento da materia deberá traer realizas as tarefas encomendadas para cada sesión do seminario (esquema das lecturas e/ou resolución de exercios/estudio de caso, así como a súa exposición cando lles corresponda). Só poderá ser avaliado positivamente neste apartado si cumpre coas tarefas solicitadas de forma correcta (en tempo e forma) 5 A2
A3
A4
A5
B2
C2
C9
C10
C12
C19
C23
C24
D1
D2
D3
D7
D8
D9
D10
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
D23
D24
Resolución de problemas Realización e entrega dun dosier final cós casos, textos e prácticas da materia. 15 A3
A5
B6
C4
C6
C10
C12
C19
C23
C24
D1
D2
D8
D10
D16
D17
D23
D24
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test. Constará de 20 ou 40 preguntas baixo o sistema de acertos-erros. Versará sobre os contidos da materia desenvolvidos nas sesións maxistrais e nos seminarios. 30 B2
B3
B5
B6
C1
C5
C6
C7
C11
C13
C14
C20
C22
D6
D11
D12
D14
D23
Práctica de laboratorio Realización por escrito e de forma individual dunha proba práctica, en relación cos estudios de caso e exercicios prácticos desenvolvidos ó longo do semestre: a lo menos versará sobre as prácticas desenvolvidas e a realización dun informe social aberto. 40 B6
C10
C12
C19
C22
C23
C24
D1
D3
D8
D9
D10
D15
D17
D19
D20
D24
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba por escrito sobre a entrevista e entrega de prácticas autónomas sobre a mesma. 10 B3
B6
C9
C10
C23
D3
D6
D8
D9
D10
D16
D17
D18
D23
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder superar a materia deberán aprobarse previamente e de forma independente cada unha das probas previstas (seminario, cartafol, probas tipo test e probas prácticas). Non poderá ser avaliado o alumnado que non cumpra coas tarefas encomendadas (en tempo e forma) para os seminarios e exercicios prácticos.

Advírtese ao alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte, este aspecto rexe tanto para alumnado de avaliación continua como de avaliación global.

SISTEMAS DE AVALIACIÓN

1.- AVALIACIÓN CONTINUA (DESCRICIÓN E REQUISITOS):  vai dirixida a aquel  alumnado que teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais e un máximo de 2  faltas os seminarios, ademais deben ter entregadas as tarefas encomendadas en tempo e forma.  En caso de non cumprir con este requisito serán avaliados polo sistema de avaliación global (proba única). As probas e puntuacións son as que constan nas metodoloxías de avaliación, debendo estar aprobadas cada unha por independente para poder superar a materia.

2.-EVALUCIÓN GLOBAL (PROBA ÚNICA): aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia (maxistral e seminarios). Este alumnado será avaliado deste xeito: deberá superar as mesmas competencias que o alumnado de avaliación continúa nunha única proba final, que constará de varias partes. Ao ser unha proba única o alumnado que non supere a primeira, é dicir, o dossier non accederá ao resto das probas; despois o test (exame de preguntas obxectivas), se non se supera non se avaliarán as probas prácticas (entrevista e informe social). As probas para realizar son as seguintes (do mesmo xeito que os asistentes deberán aprobar por independente cada unha das probas abaixo explicitadas da proba única):

1.-Entrega dun dossier cos traballos e exercicios prácticos desenvolvidos nos seminarios (deberán  ser supervisado obrigatoriamente de forma continua pola profesora previa presentación  final), ao longo do  semestre e entregarase ao finalizar a docencia, previamente ao resto das probas, en documento interno en Moovi estableceranse os prazos). Puntuará un 15%, se este non se entrega na data solicitada ou non está apto, non poderá acceder ao resto das probas (ao ser proba única que precisa que todas as partes estean superadas).

b.-Exame final na convocatoria oficial, tipo exame de preguntas obxectivas (igual formato e sistema de corrección que para os asistentes). Puntuará un 30%.

c.-Proba por escrito sobre a entrevista e entrega de prácticas autónomas sobre a mesma. Puntuará un 15%.

d.-Proba práctica de laboratorio: realización por escrito de casos e exercicios  prácticos (avaliarase sempre que lla superado a primeira parte do  dossier e o exame tipo test), o exercicio é igual que para alumnado de avaliación continua. Puntuará un 40%.

ADVERTENCIA: O seguimento continuo das actividades de aula e a comunicación co alumnado relacionado coas tarefas, realizarase a través da Plataforma Moovi.

O alumnado que opte pola avaliación global deberá comunicalo por correo con data tope o último día lectivo de outubro de 2023.

TANTO PARA ALUMNADO DE AVALIACIÓN CONITINUA COMO  GLOBAL: ao comezo de curso subiranse os documentos coas instrucións e  o cronograma das tarefas e probas de avaliación, sendo de obrigado cumprimento para a superación da materia.

Esixirase que os/as estudantes saiban escribir correctamente e sen faltas ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas incluídas), que saiba ler comprensivamente, analizar e sintetizar, así como resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén se espera que saiba expresarse con corrección e dacordo con o nivel que esixe un ciclo universitario usando unha terminoloxía idónea ao devandito nivel. Todo isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo caso, terá que reflectirse nos seus exercicios e no exame. O plaxio supón de inmediato o suspenso da materia.

MODALIDADE de AVALIACIÓN GLOBAL

As e os estudantes que decidan optar pola avaliación global, deberán poñerse en contacto coa profesora para notificar esta opción a comezos de curso e sempre antes do prazo establecido.

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado desta modalidade garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado desta opción.

____

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (Programa de integración de universitarios/as con necesidades específicas de apoio educativo)

______________________________

(1) A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados na Lei 39/2015 no RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-dato.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (2ª oportunidade)

As probas (parte teórica ou parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico. Non se gardarán notas dun curso a outro.
A 1ª oportunidade, non caso de non superar a materia, non consta non expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria extraordinaria.

Consulta día oficial do exame: http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000