Guia docente 2026_27
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social individual e familiar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición, por parte da docente, dos contidos sobre a materia obxecto de estudoe bases teóricas.
Traballo tutelado Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Poden incluir: resolución de casos prácticos, análise de materiais audio-visuais sobre un tema, simulación de casos reais (rol-playing), análise de textos, etc. Empregaranse como complemento das clases teóricas de forma que poida implementarse ésta na práctica. Desenvolverase preferentemente en grupo mediano.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto, a reunir información sobre o alumnado e a presentar a metodoloxía docente, a avaliación e os contidos xenéricos da materia. Desenvolverase esta metodoloxía en gran grupo.
Presentación Actividades de presentación oral do alumnado na aula sobre os contidos e resultados das actividades prácticas.
Seminario Organización de actividades de debate e argumentación crítica en grupo como complemento ás clases teóricas.
Estudo de casos Actividades enfocadas na práctica co deseño de intervencións sociais con casos concretos a partir dos fundamentos teóricos da materia.
Aprendizaxe-servizo Actividades enfocadas na práctica coa investigación, análise e desenvolvemento do Traballo Social individual e familiar con persoas en situación de vulnerabilidade. Promovendo o contacto e colaboración con entidades sociais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000