Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social individual e familiar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición, por parte da docente, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo alumnado. Desenvolverase esta metodoloxía en gran grupo.
Traballo tutelado Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Poden incluir: resolución de casos prácticos, análise de materiais audio-visuais sobre un tema, simulación de casos reais (rol-playing), análise de textos, etc. Empregaranse como complemento das clases teóricas de forma que poida implementarse ésta na práctica. Desenvolverase preferentemente en grupo mediano.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto, a reunir información sobre o alumnado e a presentar a metodoloxía docente, a avaliación e os contidos xenéricos da materia. Desenvolverase esta metodoloxía en gran grupo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000