Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social individual e familiar
   Contidos
Tema Subtema
Introdución á materia. Que é o traballo social individual e familiar. De que partes se compón a materia. Metodoloxía docente. Avaliación
TEMA 1: O traballo social individual: nacemento e evolución Introdución á historia do traballo social individual e familiar. Nacemento e evolución do Case-work: M.E.Richmond, Hill, G.Hamilton, F.Hollis, H.H.Perlman.
TEMA 2: Modelos e estratexias de intervención con individuos e familias Teorías que explican ao "individuo" e a "familia"/ Os modelos como guía para a acción profesional (Resumo)/Diferentes correntes e enfoques actuais no estudo da familia: A familia desde un enfoque de xénero/ O enfoque centrado nas persoas/O enfoque de dereitos/ o enfoque do empowerment e as fortalezas da familia./ Os modelos mais habituais na intervención individual e familiar: O modelo psico-social; o modelo sistémico; o enfoque do fortalecemento. A escoita activa/A Mirada/ O acompañamento e o Counselling como estratexias de intervención.
A relación de axuda profesional individuo-familia.
Estrutura básica do procedemento na intervención con individuos, familias e infancia.
TEMA 3: A familia como grupo terapéutico. A familia: conceptualización/diversidade familiar/ características e funcións. O ciclo vital das familias. Roles familiares. Tipoloxías familiares no III milenio e características asociadas
TEMA 4: A familia segundo problemáticas específicas Principais problemáticas que afectan as familias: impacto da crise económica, situación de risco de exclusión social ou exclusión social, neglixencia, procesos de ruptura, violencia machista, violencia doméstica (malos tratos infantís-abuso sexual, violencia filio-parental, malos tratos a anciáns). Afrontamento dende o traballo social: dificultades e factores de protección.
TEMA 5: A infancia: conceptualización, intervención desde o traballo social e recursos asociados A infancia: definición social e xurídica. A situación da infancia no mundo. A Adolescencia. O crecemento saudable dos nenos/as e adolescentes na familia. O sistema de protección á infancia e a adolescencia. Situacións de risco. Situacións de desamparo. Afrontamento dende o traballo social: dificultades e factores de protección na infancia e na adolescencia. Os programas de intervención familiar. O acollemento familiar. O acollemento residencial. A adopción. Menores en conflito coa lei/ Os centros de reeducación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000