Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Política social europea
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos
resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
20 A1
A4
A5
D1
D3
D7
D10
D11
D15
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo docente. 20 A2
A3
A4
A5
B2
C8
C14
D1
D3
D5
D10
D15
D17
D19
D24
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades
40 A1
C21
C24
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos/as deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 20 A1
A2
A3
C14
C24
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación
continua:

  • A avaliación das/os estudantes
    matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na
    guía docente.
  • A avaliación continua implica unha
    asistencia mínima a un 80% das aulas (GG, GM e GP)
  • A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.

Avaliación
global:

  • Deberán realizar as prácticas (texto
    + exposición en formato vídeo) seguindo as indicacións das dúas rúbricas
    de avaliación dispoñibles na plataforma Moovi.  (20%)
  • Exame de preguntas obxectivas. (40%)
  • exame de preguntas de
    desenvolvemento. (40%)

 IMPORTANTE
para TODO O ESTUDANTADO:

Para superar a
materia, os/as estudantes deberán aprobar cada unha das partes de avaliación
-probas teóricas (exames) e as prácticas (resolución de exercicios +
presentacións)- de forma separada cun mínimo de cinco, para poder sumar as
notas obtidas en ambas as partes para determinar o resultado final.

Será requisito
necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida
dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado (1) que deberán subir á
plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.

As datas oficiais
dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas
exames".

Toda a
información da materia estará dispoñible na plataforma Moovi. https://moovi.uvigo.gal

 

2ª OPORTUNIDADE - Convocatoria Extraordinaria

As probas (parte
teórica o parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, no serán obxecto de
avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico.
Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª
oportunidade, no caso de non superar a materia, non consta no expediente
académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria extraordinaria.

 

MODALIDADE de
AVALIACIÓN GLOBAL e CURSO PONTE

As e os
estudantes que decidan optar pola avaliación global e Curso Ponte, deberán
poñerse en contacto coa profesora para notificar esta opción a comezos de curso
e sempre antes do prazo establecido.

Coa finalidade de
favorecer a conciliación da vida laboral ea formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para
alumnado non asistencial e do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste
documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se
informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento
desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

____

En coherencia co
carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio
educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (Programa de
integración de universitarios/as con necesidades específicas de apoio
educativo)

______________________________

(1) A única
finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida
verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación
para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo
6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poder
públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados na Lei 39/2015 no RD
1791/2010, do 30 de decembro , polo que se aproba o Estatuto do Estudante
Universitario. O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido
ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas
indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para
ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de
confidencialidade dos mesmos. Máis información:
https://www.uvigo.gal/proteccion-dato.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000