Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Política social europea
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición, por parte da docente, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, das bases teóricas e/ou das directrices dun traballo, do exercicio ou do proxecto a desenvolver polo/a estudante.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Poderanse introducir metodoloxías ou técnicas de traballo colaborativo.
Seminario Reunións de grupo pequeno que o estudante mantén co profesorado da materia para asesoramento e desenvolvemento de actividades programadas da materia.
Presentación Exposición, por parte do alumnado, ante a docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Prácticas con apoio das TIC O alumnado para o adecuado seguimento das prácticas, así como da materia en xeral, deberá conectarse ao espazo virtual da materia.
Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facutlade de Educación e Traballo social.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000