Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Política social europea
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas, familias, grupos, organizacións, e comunidades e con outros profesionais
C8 Promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersoal; en especial con colectivos con diversidade multicultural (inmigración, emigración de retorno, minorías étnicas...) e coas mulleres, tendo en conta a súa marxinación historicamente condicionada no ámbito da participación social-cultural e nos órganos de decisión e poder (empowerment)
C14 Preparar e participar nas reunións de toma de decisións co fin de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades
C21 Participar na administración e dirección de entidades de benestar social
C24 Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificando os mesmos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados
D1 Capacidade de análise e síntese
D3 Capacidade reflexiva
D5 Coñecemento da lingua estranxeira
D7 Aprendizaxe e dominio de novas tecnoloxías
D10 Toma de decisións
D11 Traballo en e con equipos diversos
D15 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade
D17 Compromiso ético
D19 Adaptación a novas situacións
D24 Sensibilidade cara a temas medio ambientais, igualdade entre home e mulleres, cultura da paz, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000