CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Os alumnos entregarán a ficha ao profesor no primeiro mes de clase, especificando o tipo de asistencia elixido. Nos criterios de avaliación final da materia teranse en conta todo o conxunto de aspectos incluídos nos diferentes apartados desta Guía Docente, directamente vinculados co seguimento do ritmo de aprendizaxe do alumno, tomando como punto de partida a observación sistemática diaria do profesor desde o primeiro día de clases.
A) Criterios específicos de avaliación para alumnado con avaliación continua:
Serán alumnos asistentes os que teñan unha asistencia mínima, dun 80% nas Sesións Maxistrais e un 80% nos Seminarios. As puntuación que poden acadar por apartados serán:
1.- Proba tipo test (ata un máx. de 4 puntos) e mín. de 2. Cunha puntuación inferior a 2, non se acadaría a puntuación positiva na materia. 2.- Seminarios Grupos Medianos (máx. 1 punto), asistencia e participación. 3.- Traballos tutelados: presentación-entrega dos traballos e un (máx. 4 puntos) 4.- Outras: pola exposición/Debate (1 punto).
B) Criterios específicos de avaliación global
Deberán poñerse en contacto co profesor canto antes, pero alomenos no primeiro mes de clases. As puntuacións que poden acadar serán as seguintes:
1.- Proba tipo test (máx. 5 puntos) 2.- Traballo tutelado (máx. 4 puntos) 3.- Defensa traballo tutelado (1)
C) Segunda convocatoria
Os alumnos que non acaden positivamente algunha das partes de que consta a avaliación desta materia, poderán recuperala na convocatoria de xullo. As partes da materia superadas na 1º oportunidade, non serán
obxecto de avaliación na 2º, considerándose, polo tanto, como aprobados
nese curso académico.
D) O sistema de cualificacións expresarase numéricamente, dacordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE do 18), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións unviersitarias de carácter oficial.
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames'. --- a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá adaptarse ás necesidades específicas de apoio educativo que presenten os alumnos matriculados no programa PIUNE (PAT). b. Para as materias que forman parte do curso ponte, debe incluírse unha referencia específica para ter en conta a especificidade e experiencia profesional deste colectivo: “Co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e da formación académica, os contidos, planificación, metodoloxía Os recursos e o sistema de avaliación adaptaranse ao alumnado do curso ponte, garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Na plataforma Moovi abrirase unha carpeta específica na que se informará sobre as tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para o alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |