Traballo tutelado |
Realización, presentación e defensa dun proxecto de investigación cuantitativa-cualitativa. |
Seminario |
Desenvolveránse no grupo mediano, serán o complemento das sesións maxistrales. Tratarán sobre un tema específico, coa finalidade de profundizar nos contidos teóricos da materia. Os estudantes, de maneira individual ou en grupos de 4, en traballo, colaborativo, elaborarán un traballo de investigación sobre un tema específico da materia do seu interese. Estes traballos cumpren con dous obxectivos básicos: constitúen o complemento esencial da materia e, representa a iniciación do alumnado á práctica da investigación no ámbito social. No seu desenvolvemento hai un nivel teórico, consistente na lectura e comentario da bibliografía sobre o tema, a partir do que os alumnos elaborarán o marco teórico, interpretarán os resultados acadados, e un nivel práctico correspondente á recollida dos datos.Estes dous niveis concrétanse na elaboración dun informe de investigación segundo as pautas, procesos e procedementos que se deben seguir ao realizar un traballo académico no ámbito social. Este traballo será baixo a dirección e orientación do profesor. |