Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Métodos e técnicas de investigación social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia Psicoloxía: Métodos e técnicas de investigación social Código O05G220V01403
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Domínguez Alonso, José
Correo-e jdalonso@uvigo.es
Profesorado
Domínguez Alonso, José
Web
Descrición xeral A materia, de carácter obrigatorio incluída no módulo do título de grao denominado “O Traballo Social, conceptos, modelos, teoría e aplicación”, está destinada a proporcionar ao alumnado os criterios, os métodos e as técnicas propias da investigación científica no campo do traballador social. Ten como obxectivo global achegar a intervención profesional á práctica diaria, coñecendo e analizando o seu concepto tanto clásico como desde unha perspectiva crítica. Para operar de maneira científica na profesión do Traballo Social é imprescindible que os alumnos coñezan, manexen e analicen as diferentes perspectivas teórico-metodolóxicas da disciplina para garantir unha axeitada intervención. Sen cuestionar que calquera metodoloxía empregada debe estar en consoancia có respecto os Dereitos Humanos, é vital comprender a necesidade da rigorosidade en todos os procesos inmersos na investigación.
PSICOLOXÍA. MÉTODOS E TÉCNICAS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL é unha materia básica na titulación de Grado de Traballo Social que consta de 6 créditos ECTS. Impártese no segundo curso durante o primeiro cuadrimestre. Con ela introdúcese, no ámbito académico curricular da Titulación de Grado en Traballo Social, á presentación sistemática de contidos – metodoloxías, métodos, técnicas, procedementos e recursos - relacionados con investigación social nos distintos contextos e ámbitos do Traballo Social. As materias de Estatística: Estatística aplicada ás Ciencias Sociais e Psicoloxía: Métodos e Técnicas de Investigación Social compleméntanse para responder a esta finalidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000