Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Habilidades sociais e de comunicación do traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración, preferentemente grupal, de traballos tutelados pola profesora relacionados cos contidos da materia.

Os traballos serán avaliados ata un máximo de 4 puntos, tanto se o alumnado é asistencial como se é non presencial, sendo preciso acadar como mínimo 2 puntos para superar este apartado da materia.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B5
B6
C24
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D14
D15
D16
D17
D19
D20
D22
D24
Exame de preguntas obxectivas Realización dun examen tipo test e/ou preguntas de resposta curta sobre os contidos do temario. As preguntas deixadas en branco non se terán en conta na cualificación.

Puntuación máxima: ata 4 puntos da nota final. É preciso obter como mínimo 2 puntos para superar este apartado.
40 A1
A3
B6
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D15
D24
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación do grao de asimilación dos contidos do temario mediante a realización de exerciciios prácticos.

Tanto para o alumnado de avaliación continua como para o alumnado de avaliación global os exercicios realizados na aula ou de xeito autónomo durante o curso serán avaliados ata un máximo de 2 puntos, sendo preciso para superar este apartado un mínimo de 1 punto.
20 A1
A2
A3
A4
B1
B2
C8
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D15
D16
D17
D20
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

REQUISITO
PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:


O
alumnado deberá entregar ou subir a Moovi a súa ficha,
debidamente cumprimentada e cunha fotografía tipo carnet, nun
prazo máximo de 3 semanas desde o inicio do curso
académico,
facendo constar expresamente a modalidade elixida (asistencial ou non
asistencial) a través dun correo electrónico dirixido á profesora.


Isto
implica que, sexa unha ou outra a modalidade elixida, o
alumnado deberá contactar necesariamente coa profesora a principios
de curso (3 primeiras semanas) para comunicarlle a súa elección e
poder ser convintemente avaliado
.


CRITERIOS
DE AVALIACIÓN:

Aplicaranse dous sistemas de avaliación tomando como
criterio diferencial a asistencia ou non ás clases de grupo grande e mediano,
dado que a planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe esixe a presenza
do alumnado, sobre todo naquelas relacionadas coa adquisición de competencias
procedementais e actitudinais, o que implica facer un seguimento das
asistencias mediante controles. Quen sen notificalo teña una
asistencia por debaixo do 80%, o que equivale a 3 faltas en grupo grande e 3 en
grupo mediano, será considerado a tódolos efectos como alumna/o de avaliación global, salvo
causa debidamente xustificada 
(enfermidade ou pasamento dun
familiar achegado, realización doutros exames...).

* Avaliación continua: A nota final virá dada
pola suma das puntuacións obtidas nos distintos apartados especificados no
cadro superior, sendo preciso ter superados cada un deles ailladamente.

* Avaliación global (proba única): A avaliación e a
superación da materia virá determinada polo exame final e pola realización do
traballo e dos exercicios titorizadas pola profesora -polo menos 4 titorías
para superar este apartado-. A nota final virá dada pola suma das puntuacións
obtidas nos distintos apartados, sendo preciso superar cada un deles
ailladamente para poder facer a media.



SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non
serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas
nese curso académico.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a
Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa
asistencia ou non ás clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de
avaliación.

A data oficial dos exames pode consultarse na web da
Facultade: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000