Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Psicoloxía: Psicoloxía social Código O05G220V01303
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
de Jesús Rodríguez, María Elena
Correo-e elenadejesus@uvigo.es
Profesorado
de Jesús Rodríguez, María Elena
Web http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php
Descrición xeral A Psicoloxía Social forma parte do plan formativo da titulación de Traballo Social como unha materia de carácter fundamental ou básica de cara á comprensión do comportamento humán social e á intervención no mesmo.
Dita asignatura ofrece contribucións relevantes a nivel teórico, metodolóxico e práctico para o curriculum formativo en Traballo Social, na medida en que trata temas que teñen que ver cos procesos psicosociais básicos que subxacen ao comportamento social (percepción de persoas e coñecemento social, relacións sociais, comunicación, comportamento prosocial e agresivo, etc.), as actitudes e os grupos.
Deste xeito adecúase ao perfil da titulación e aporta coñecementos útiles para os e as futuras profesionais do Traballo Social, na medida en que teñen que estar capacitadas para realizar intervencións en contextos sociais e institucionais (nos que viven individuos, grupos, familias, organizacións e comunidades); participar na formulación e avaliación de políticas, servicios e iniciativas sociais; contribuir á cidadanía activa mediante o empoderamento e a garantía dos dereitos humáns e sociais, e traballar na prevención dos problemas sociais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000