Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Conceptos, teorías e métodos en traballo social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición xeral por parte da profesora dos contidos da materia. A fin de garantir e mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe o alumnado deberá leer previamente os contidos que se desenolverán en cada sesión e elaborará un documento coas dúbidas surxidas durante a lectura dos mesmos, promovendo así sesións interactivas e que respondan as necesidades concretas do alumnado.
Seminario Empregaránse como complemento das sesións maxistrais. Consistirán en lectura previa de textos e documentos para ser debatidos e expostos nas sesións. Así como análise e resolución de exercios prácticos que garanticen a integración teorico-práctica da asignatura. Si se considera oportuno para o desenvolvemento dalgunha cuestión concreta traerense expertos a aula.
Traballo tutelado O alumnado deberá leer, analizar, comprender, e extraer conclusións dun libro (ou conxunto equivalente de artigos) relacionado coas competencias e contidos da materia, así como manexo de bibliografía complementaria relacionada. Esta actividade terá carácter autónomo e será grupal. Ten como obxetivo principal a familiarización coa literatura profesional, a aprendixe colaborativa en grupos, búsqueda de información en bases de datos, presentación por escrito e capacidade de argumentación e defensa de carácter académico-científico. Para poder proceder a súa presentación e avaliación a profesora marcará a inicios de curso o procedemento obrigatorio de supervisión previa, así como o cronograma das entregas das distintas tarefas e entrega final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000