Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Organización dos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Inclúese neste epígrafe a diversidade de traballos encargados que forman parte do sistema de avaliación continua (lectura e defensa de artigos profesionais, libros da bibliografía básica, supostos prácticos...). Valorarase cada un dos traballos solicitados e presentados polo/a estudante de xeito individual e/ou en grupo. Terase en conta a prsencia e participación activa na aula
Cómpre ter aprobada esta parte para facer media coa nota obtida na proba tipo test. Solicitarase un dossier individual no que se inclúan todas as prácticas, exercicios e traballos realizados.
Considerarase parte do seguemento avaliable da parte práctica da materia a realización de probas aleatorias (resposta por escrito a preguntas; pequenos test...) tendentes a comprobar na aula a realización dos traballos e encargos solicitados. A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a 3.
30 B1
B2
B3
B4
B5
C1
C2
C3
C13
D1
D2
D3
D4
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D24
Traballo tutelado Por grupos o estudantado elabora un documento-traballo sobre un dos aspectos da materia, preferentemente sobre a organización dun Departamento de Servizos Sociais, entre outros, baseado na
materia impartida e seguindo a lexislación vixente. Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, contextualización, redacción, valoración-conclusións.
Valorarase especialmente o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria en calquera dos ámbitos de intervención. Asesoramento por parte do/a docentes na aula e en titorías grupais. Asemade, outros traballos en grupo, supervisión de traballos e exposicións na aula.
30 A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C2
C3
C5
C8
C13
C14
C16
D1
D2
D3
D4
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D16
D17
Exame de preguntas obxectivas O estudiantado examinarase da parte teórica da materia desenvolta nas sesións maxistrais e nos seminarios. A nota obtida no exame da parte teórica será o 40% da nota total e só fará media coa nota da parte práctica se é igual ou superior a 2 puntos (una vez ponderados). Para o alumnado de avaliación continua, o exame constará de 40 preguntas con catro alternativas de resposta, das cales só unha é verdadeira. Cada tres respostas incorrectas invalidarase unha resposta correcta. O corte do aprobado sitúase en 20. 40 A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C2
C3
C5
C8
C13
C14
C16
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Descrición da avaliaciónAvaliación continua:

· A avaliación das/os estudantes matriculadas/os en a materia farase atendendo aos criterios explicados na guía docente.

· A avaliación continua implica unha asistencia mínima a un 80% das aula. A planificación do proceso ensino-aprendizaxe esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán durante cúrsoo, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Subliñar que non chega con estar na clase (física ou virtual) nin que o que se avalía é a simple "asistencia" á aula física, senón que o avaliable son os resultados do proceso ensino-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben realizados e a participación activa e pertinente nas clases presenciais ou virtuais. Por tanto esixiráselle ao estudantado a súa presenza nas actividades ao longo do curso(verificable con listaxes de asistencia) non puidendo faltar a máis do 20 por cento do total de horas presenciais.

· A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.

Avaliación global:

· Proba, práctica, exercicio, presentación etc. (30%) Consistirá na elaboración e entrega dun documento-traballo sobre un dos aspectos da materia,preferentemente sobre a organización dun Departamento de Servizos Sociais, entre outros, baseado na materia impartida e seguindo a lexislación vixente. Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, contextualización, redacción, valoración-conclusións. Valorarase especialmente o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria en calquera dos ámbitos de intervención.

· Proba de preguntas obxectivas etc. (40%) A parte teórica da materia consistirá na mesma proba tipo test establecida para o alumnado asistencial (40 preguntas con catro alternativas de resposta, das cales só unha é verdadeira, no que cada tres respostas incorrectas invalidarase unha correcta).

· Proba, práctica, resolución, exame de preguntas de desenvolvemento etc. (30%) Consistirá en responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvolvidos ao longo do curso e que pode adquirir a través da bibliografía e a preparación dos traballos tutelados que se lle encargan ao alumnado asistencial. Neste sentido, na parte práctica poderanse incluír preguntas a desenvolver e supostos relacionados cos artigos, supostos e #práctica desenvolvidas na materia.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (2ª oportunidade)

As probas (parte teórica o parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico. Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª oportunidade, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria extraordinaria.

MODALIDADE de AVALIACIÓN GLOBAL e CURSO PONCHE

As e os estudantes que decidan optar pola avaliación global e Curso Ponche, deberán poñerse en contacto coa profesora para notificar esta opción a comezos de curso e sempre antes do prazo establecido.

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado non asistencial e do curso ponche garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponche ou profesionais en exercicio.
Outros comentarios para ter en conta na avaliación

    Non se gardarán notas de ningunha parte da materia para o seguinte curso académico. Esixirase que o estudantado saiba escribir correctamente e sen faltas ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas incluídas), que saiba ler comprensivamente, analizar e sintetizar así como resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén se espera que saiba expresarse con corrección e #de acordo con o nivel que esixe un ciclo universitario usando unha terminoloxía idónea a este rexistro lingüístico. Todo isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo caso, terá que reflectirse nolos seus exercicios e no exame. O plaxio supón de inmediato o suspenso da materia. A materia pode ser estudada por completo cos materiais existentes en Moovi e co asesoramento das docentes a través dos seus correos electrónicos ou de titorías presenciais ou virtuais, previa cita.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultadehttp://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/) no espazo 'Exames 2023‐24'

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000