Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Estatística: Estatística aplicada á investigación social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A sesións maxistrais son o elemento fundamental para transmitir os coñecementos sobre calquera disciplina. A docencia se centra na exposición teórica dos contidos correspondentes aos diferente temas do programa da materia.
Para facilitar a comprensión e dominio da metodoloxía farase unha introdución a cada tema, con aclaración conceptual e terminolóxica.
Realizaranse unha serie de exercicios prácticos, para axudar ao alumno tanto na asimilación dos contidos coma estimulando a súa participación e discusión, onde tamén se clarificarán aspectos que necesiten unha explicación máis ampla.
Desenvolverase en gran grupo.
Traballo tutelado Realización, presentación e defensa dun proxecto de investigación cuantitativa-cualitativa.
Seminario Desenvolveránse no grupo mediano, serán o complemento das sesións maxistrales. Tratarán sobre un tema específico, coa finalidade de profundizar nos contidos teóricos da materia. Os estudantes, de maneira individual ou en grupos de 4, elaborarán un traballo de investigación sobre un tema específico da materia do seu interese. Estes traballos cumpren con dous obxectivos básicos: constitúen o complemento esencial da materia e, representa a iniciación do alumnado á práctica da investigación no ámbito social. No seu desenvolvemento hai un nivel teórico, consistente na lectura e comentario da bibliografía sobre o tema, a partir do que os alumnos elaborarán o marco teórico, interpretarán os resultados acadados, e un nivel práctico correspondente á recollida dos datos.Estes dous niveis concrétanse na elaboración dun informe de investigación segundo as pautas, procesos e procedementos que se deben seguir ao realizar un traballo académico no ámbito social. Este traballo será baixo a dirección e orientación do profesor.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000