Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Estatística: Estatística aplicada á investigación social
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Non é preciso ningún tipo de modificación ou adaptación xa que o deseño metodolóxico desta materia adaptase a calquera modalidade de ensinanza.
Se fose preciso, as sesións de titorización poderanse realizar por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, …) ou telefónicamente, baixo a modalidade de concertación previa.
No caso de ter que impartir a docencia en modalidade semipresencial a actividad docente para aqueles alumnos que non poidan estar presentes na aula poderá ser seguida a través do Campus Remoto en horario sincrono.
No caso de ter que impartir a docencia en modalidade totalmente non presencial a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto. As ferramentas da plataforma de teledocencia Faitic usaranse se fose preciso.
Ademáis o alumnado disporá de pílulas formativas de cada tema gravadas para a súa visualización asíncrona.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000