Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Dereito: Fundamentos xurídicos
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1. O concepto de dereito Aproximación ao concepto de dereito. O dereito como sistema normativo. Validez, eficacia e xustiza. O dereito como forma de organización social. O dereito e outras ordes normativas.
TEMA 2. Fontes de produción normativa A produción normativa. O dereito legal e o dereito xudicial. Outras formas de produción normativa.
TEMA 3. Lexitimidade do poder e xustiza do dereito Lexitimidade do poder e xustiza do dereito. A xustiza formal: a seguridade xurídica. A xustiza material: liberdade, igualdade e solidariedade. Os principios e os dereitos como desenvolvemento dos valores. E estado de dereito e os seus tipos.
TEMA 4. Dereitos fundamentais I Os dereitos fundamentais como concepto histórico. Evolución cronolóxica do seu coñecemento e conceptualización. Valores superiores e dereitos fundamentais. A dobre dimensión dos dereitos fundamentais na Constitución: obxectiva e subxectiva.
TEMA 5. Dereitos fundamentais II Os dereitos fundamentais no sistema constitucional español. Garantías dos dereitos fundamentais no sistema español.
TEMA 6. Os dereitos fundamentais e o traballo social O dereito á intimidade e á confidencialidade da información en traballo social. Dereitos e liberdades dos estranxeiros en España: a función do traballador social. O respecto aos dereitos fundamentais dos penados. Os menores como titulares de dereitos fundamentais.
TEMA 7. Igualdade e solidariedade no estado social e democrático de dereito O estado social e democrático de dereito. Da igualdade formal á igualdade material. A prohibición de discriminación. Concepto e xustificación da discriminación positiva. Problemas actuais e crise da solidariedade nos estados contemporáneos.
TEMA 8. Os dereitos económicos, sociais e culturais Os dereitos fundamentais e os dereitos sociais. Caracterización destes dereitos. Dereitos sociais e necesidades básicas. Os dereitos sociais como dereitos prestacionais. A titularidade dos dereitos sociais. Dereitos sociais como dereitos de igualdade. Os principios reitores da política social e económica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000