Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Introdución ao traballo social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición, por parte do docente, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Bases teóricas e/ou directrices para os traballos e exercicios a desenvolver polo alumnado.
Traballo tutelado Os/As estudantes, de xeito individual ou en grupo, elaborarán aqueles exercicios que se lles encomenden relacionados coa temática da materia e coa súa aprendizaxe. Este traballo será supervisado polo docente no que atinxe á procura e recollida de información, á estruturación correcta do traballo, ao manexo de bibliografía, á boa redacción, á presentación, á exposición etc.
Metodoloxías baseadas en investigación Diálogos participativos das persoas integrantes da aula sobre temas ou cuestións específicas vinculadas co obxecto da materia. Poden derivar dos contidos da materia ou destes e do seu vínculo coa actualidade. As propostas de tema serán realizadas polo profesorado ou polo alumnado.
Cartafol/dossier Recopilación do traballo do/a estudante co obxectivo de demostrar seus esforzos, progresos e logros nun área. A recopilación debe incluir contidos elexidos polo/a alumno/a, os criterios de selección e evidencias de autorreflexión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000