Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía básica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Efectúase unha introdución xeral á materia
Lección maxistral Nas sesións maxistrais exponse os contidos teóricos da materia. O profesorado proporcionará todo o material explicado na clase. Ao longo do proceso de instrución introdúcese metodoloxía que facilitan o desenrolo da metamemoria e metacoñecemento. Tamén se realizan prácticas pedagóxica en grupo de traballo que faciliten a internalización e aplicación dos contidos curriculares. O traballo en equipo aparece vencellado ao proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e do Traballo Social.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico. Empregaranse como complemento das sesións maxistrais. Consistirán na revisión de diferentes materiais (tests, estudos científicos, programas de intervención, estudos de caso etc.) relacionados cos temas explicados previamente.
Traballo tutelado Os estudantes traballan por equipos, e guiados por un plan de traballo, que concreta as actividades, as entregas e os prazos. As fases e actividades do traballo tutelado son catro: 1ºfase. Revisión bibliográfica; 2ºfase de deseño do produto que se pon ao servizo da comunidade; 3ºfase. De verificación do produto; 4ºfase. De exposición e presentación do produto. Este plan de traballo téñeno a disposición os/as estudantes na MOOVI.
O desenrolo de cada subproxecto, que desenvolve cada equipo de traballo, realizase en colaboración cos profesionais do museo etnolóxico de Ribadavia de Ourense, e de forma coordinada coa materia de 1º Antropoloxía: antropoloxía social e cultural (código O05G130V01602.). Durante a elaboración do traballo tutelado poderán levarse a cabo saídas de campo vencelladas a institución colaboradora.
O seguimento do traballo tutelado farase na aula, nas horas de prácticas dispostas para o caso, o feedback realizase de forma inmediata a cada equipo nos seminarios; e na fase inicial o docente elabora un informe coas recomendacións de mellora da calidade dos subproxectos, que estará dispoñible na MOOVI.
As entregas serán sucesivas e progresivas, efectúanse na MOOVI.
Os estudantes que participan desta modalidade adhírense a metodoloxía de Aprendizaxe Servizo e Aprendizaxe por proxectos. Asemade, os/as estudantes que o desexen poderán participar no Proxecto Aprendizaxe servizo.
Para os estudantes non asistentes
Elaboran un proxecto de forma individual, seguindo as mesmas fases que os estudantes asistenciais. No obstante, o proxecto e produto elaborado non se vencella ás institucións colaboradoras, nin tampouco ao traballo en equipo. As actividades e entregas vencellas ao proxecto seguen os mesmos prazos que os/as estudantes asistenciais. A exposición realizase o día do exame oficial da materia, ou ben o día de exposición dos proxectos dos/as estudantes asistenciais. A valoración do traballo require indefectiblemente cumprir coas entregas establecidas no plan de traballo e expoñer o proxecto realizado. Recoméndase pórse en contacto co/a docente para planificar o traballo tutelado, dende o inicio da materia.
Debate O/a estudante ten a oportunidade de incorporar á docencia da materia, material audio-visual ou outras fontes documentais que supoña unha achega de interese para a materia. Posteriormente, se debate en grupo a achega do material.
Aprendizaxe colaborativa Emprégase o aprendizaxe e o traballo cooperativo para organizar as actividades dentro da aula, de maneira que se fortaleza a cohesión grupal e tamén se desenrolen as habilidades de traballo en equipo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000