Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Materia do programa Français amical . Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia na(s) lingua(s) estranxeira(s), b) atender as titorías na(s) lingua(s) estranxeira(s), c) probas e avaliacións en lingua estranxeira.
A materia pretende ofrecer unha visión global dos grandes temas dos que se ocupa a ciencia política. Así mesmo, proporciona unha introdución ao sistema político de España. O obxectivo é que os/as estudantes alcancen un coñecemento básico que lles permita describir, explicar e comprender a realidade política que lles rodea.