Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Ciencia política: Política e democracia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen.

ESCENARIO 1: DOCENCIA MIXTA
Debido á situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo presencial, utilizaranse medios virtuais para a impartición das clases.
Neste caso, mantéñense todas as metodoloxías propostas.

ESCENARIO 2: DOCENCIA NON PRESENCIAL
Debido á situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo presencial, utilizaranse medios virtuais para a impartición das clases.

En ambos os casos, a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e preverase tamén o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai modificacións. Todas as metodoloxías se manteñen a través das ferramentas tecnoloxicas Campus Remoto e a plataforma Moovi.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Tutorías a través individuais e grupais a través de Campus Remoto e do correo-e da docente.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Todo o material estará dispoñible na plataforma Moovi para facilitar ao máximo a organización do traballo de forma autónoma por parte do alumnado, en previsión de problemas de conciliación e/ou conectividade.

* Outras modificacións


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

No caso de que non se poida realizar a avalición final presencialmente, mantense os criterios de avaliación xa previstos na guía docente.
A adquisición de competencias na segunda oportunidade:
- A parte teórica avaliarase a través dunha proba obxectiva tipo test e unha segunda parte de desenrolo (exame final da parte teórica da materia). Para esa proba utilizaránse as ferramentas que indiquen os órganos competentes.
- A avaliación de parte práctica (avaliación continua: seminarios GM e GP a presentacións): entrega dos exercicios e traballo na plataforma faitic e exposición do traballo. Para esa proba utilizaránse as ferramentas que indiquen os órganos competentes.
Mantéñense as porcentaxes de cualificación recollidas no apartado de avaliación desta guía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000