Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía social e cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo A través dun traballo continuado e o informe final o alumnado presentará os resultados da súa aprendizaxe en formato escrito, vídeo ou presencial. 40 A1
A2
A3
B2
C2
C8
C13
C19
C20
C24
D1
D6
D13
D15
D16
D22
D24
Exame de preguntas obxectivas Exame para a avaliación das competencias adquiridas. 40 A3
A4
B2
C2
C7
C12
C13
C14
C18
C24
D13
D15
D22
D24
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumando realizará diversos exercicios que demostren a adquisición de coñecementos e a reflexión crítica sobre eles. 20 A2
A4
C8
C18
C19
D1
D6
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OBTENCIÓN DA NOTA FINAL DO ALUMNADO

A nota final será o resultado da suma das metodoloxías descritas para a avaliación sempre que se aprobe o exame e o traballo ApS. Se non se aproba exame e traballo non se sumarán as cualificacións de cada avaliación e suspenderase a materia. Igualmente aínda aprobando exame e traballo será necesaria unha nota mínima de 5 para aprobar a materia.

O alumnado non presencial terá o mesmo tipo de metodoloxías de avaliación.

O alumnado non presencial deberá solicitar a avaliación global antes do 15 de outubro.

SEGUNDA CONVOCATORIA

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso
académico. Mais para aprobar a materia deberase aprobar cada proba descrita
nesta guía de forma independente, non sumando as notas se non estiveran aprobadas.

----------------------------------------------------------------------------

As datas dos exámenes pódese consultar no seguiente link: http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/

No caso de detección de plaxio ou posibles comportamentos anómalos ou
deshonestos, nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a cualificación
final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do
Centro para que adopte as medidas oportunas.

Ante calquera contradición que se puidera dar entre as distintas versións
da guía, por mor dalgún erro na tradución, a versión que prevalecerá é a
versión na lingua galega.

a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao
programa PIUNE (PAT)

b. Para as materias que forman parte do curso ponte, debería incluirse unha
referencia específica para ter en consideración a especificidade e experiencia
profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a conciliación da
vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na
plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que
guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio”.

Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da
contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá
prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en
coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000