Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía social e cultural
   Contidos
Tema Subtema
1. A antropoloxía social e cultural: campo de estudo e orientacións teóricas 1.1. Concepto, obxecto e división da antropoloxía sociocultural.
1.2. Técnicas de investigación e orientacións teóricas da antropoloxía sociocultural.
2. Natureza e características da cultura
2.1. Concepto, trazos e niveis de cultura.
2.2. Conceptos afíns á cultura de relevancia antropolóxica.
3. Cultura e enculturación: a transmisión e a asimilación das tradicións culturais 3.1. Concepto, modos e límites da enculturación.
3.2. Mecanismos, axentes, medios e resultados da enculturación ou da socialización do individuo.
3.3.- Antropoloxía feminista, sexo e xénero.
4. Estudo do sistema sociocultural humano: análise da estrutura económica, social, política, ideolóxica (relixión e pensamento) do sistema sociocultural humano
4.1. A estrutura económica do sistema sociocultural: os modos de produción, distribución e consumo de bens.
4.2. A estrutura social do sistema sociocultural: matrimonio, familia, parentesco e filiación.
4.3. A estrutura política do sistema sociocultural: sistemas políticos non centralizados e sistemas políticos centralizados.
4.4. A estrutura ideolóxica do sistema sociocultural: a maxia, a relixión e os sistemas de crenzas.
5. Antropoloxía e comparación: culturas, etnias e grupos étnicos e culturais
5.1. Etnias e minorías étnicas e culturais
5.2. Multiculturalismo, integración e identidade étnica
6. Grupos étnicos e culturais no Estado español 6.1. A experiencia intercultural en España: inmigrantes e refuxiados.
6.2. Minorías e grupos marxinados: xitanos, pobres etc. e grupos de marxinados no Estado español.
7. O sistema de cultura da sociedade galega

7.1. Os elementos do sistema de cultura de Galicia.
7.2. As unidades de organización social da sociedade galega.
7.3. Cultura e identidade do pobo galego.
8. Transformación e cambio do sistema de cultura tradicional de Galicia 8.1. A transformación dos elementos do sistema de cultura tradicional de Galicia.
8.2. Os cambios nas unidades de organización social e no modo de vida doméstico do pobo galego.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000