Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Programas de educación social na terceira idade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Traballo tutelado Os/as estudantes elaboran duos documentos e/ou investigacións sobre a temática da materia, un individual e outro grupal. Trátanse de dúas actividades autónoma de/dos estudante/s que inclúen a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
Presentación Exposición oral por parte do alumnado, ante a docente e o alumnado, dos resultados dos traballos tutelados (previa presentación escrita).
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos da materia
Aprendizaxe colaborativa Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000