Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social nos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un traballo sobre os servizos sociais nun sector de poboación, con especial referencia as funcións e intervención do educador social no mesmo.
30 A1
A2
A3
A5
B4
B5
B6
C1
C7
D1
D2
D3
D4
D5
D8
Presentación Exposición do traballo realizado sobre un servizo social e as funcións e especificidades dó/a educador/a social no mesmo.
Outras exposicións
10 A2
A4
A5
D1
D2
D3
D4
D7
D8
D9
Estudo de casos Análise de casos e situacións vinculadas a intervención dos/as educadores/as sociais nos servizos sociais.
20 A2
A3
A4
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C7
C8
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test sobre os contidos teóricos da materia.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
C1
C2
C7
D1
D2
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 As datas oficiais dos exames
poden consultarse na web da Facultade de Educación e de Traballo Social, campus
Ourense. No espazo de “datas de exame”.

As partes da materia
superadas na 1º oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2º, considerándose,
polo tanto como aprobadas neste curso académico.

En coherencia co carácter
inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía
poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo
que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Esta materia enmárcase nunha
Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas.
Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base
a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de
sustentabilidade (ODS).

 

A.   Avaliación Continúa.

A avaliación das/os
estudantes matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados
na guía docente.

A avaliación continua
implica unha asistencia mínima a un 80% das aulas.

A avaliación será
preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua
poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo
establecido de 15 días dende o inicio das clases.

Como pode observarse a
planificación do proceso ensinanza-aprendizaxe concibe como unha avaliación
continua e esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se
desenvolverán ao longo do curso.

A avaliación do estudantado realizarase
en según:

1)   Exame dos contidos teóricos. Exame de 20 preguntas tipo tes ou curtas.
Valorándose sobre 10. Terá que superar o 5 para estar aprobado. É dará o 40% da
nota final do estudante.

2)   Avaliación
das actividades
. Terán que ser presentadas todas aquelas
practicas realizadas na aula, relacionadas cos contidos impartidos. Traballo
tutelado (30%), estudo de casos (20%) Presentación (10%). Valoraranse sobre 10.
Terán que superar o 5 para estar aprobadas.

Para a avaliación da parte
práctica da modalidade asistencial, o profesor poderá pedir a defensa
individual o grupal de cada una das prácticas do cartafol dossier.

O estudante terá que ter todas
as partes aprobadas para superar a materia.

Sendo así, esixiráselle ao
estudantado a súa presenza nas actividades durante o curso verificable con
listas de asistencia. Sinalar que non chega con asistir á clase, nin que o que
se avalía é a asistencia do/a estudante. O avaliable son os resultados do
proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben
realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas.

Quede expresamente claro que
a docente non pedirá ao estudante explicación ningunha de por que non acode á
clase e, tendo en conta que a asistencia ás clases na Universidade non son obrigatorias.
Tampouco aceptará «escusas» ou «desculpas» respecto das ausencias deste.

Se o/a estudante deixa de
asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia, terá que optar pola segunda
modalidade de avaliación (coa única excepción de enfermidade xustificada con
certificado médico ou pasamento dun familiar próximo; situacións das cales se
solicitará acreditación).

 

B.  Avaliación Global.

Aqueles estudantes que opten
por non asistir ás clases prácticas, ou non poidan, ou pretendendo ser
«estudantes asistentes» teñan máis de cinco faltas na parte práctica da materia
(grupos medianos e pequeno grupo), terán que demostrar igualmente que os seus
compañeiros a adquisición das diferentes competencias da materia.

Realizaranse na datas
oficiais de exame para cada oportunidade de avaliación establecida no
calendario académico.

Isto farano nunha única
proba ou exame final o día da convocatoria oficial. Que constará de dúas
partes, unha parte teórica e outra parte practica. Realizando unha a
continuación da outra. Os dous exámenes suporán o 100 % da nota final do
estudante.

-O exame constará de dúas
partes:

1. Exame con preguntas da
parte teórica supoñerá o 50 % da nota final. Tendo que sacar como mínimo un un
5 sobre 10, para considerarse aprobado.

2. Exame con preguntas da
parte práctica que será realizado despois da primeira parte. Consistirá en
vinte preguntas curtas ou tipo test. Terá un tempo determinado, sobre 30mn.

-Cada exame suporá o 50 % da
nota final, tendo que sacar como mínimo un un 5 sobre 10, para considerarse
aprobado.

-Terán que ter superados os
dous examenes, con un 5, para poder realizar a media aritmética entre as dúas
notas, e poder superar a sinatura se superan o 5 na media aritmética.

-A parte teórica da materia
pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada.

-En canto á parte práctica,
esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais,
actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e demostre ter
adquiridas as competencias específicas da materia. Esta parte pode estudala a
través de textos existentes na biblioteca, dos apuntamentos da clase, e
realizando os traballos de grupo.

 

C.  
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
(2ª oportunidade)

As probas (parte teórica o
parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, no serán obxecto de avaliación na
2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico. Non se
gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª oportunidade, no caso
de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación
faise efectiva na convocatoria extraordinaria.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000