Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Discapacidade e educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Un ou dous traballos grupais. Avaliaranse no producto final (PDF) os seguintes aspectos: adecuación do índice e dos contidos ao esquema presentado; utilización dos documentos propostos; fiabilidade das fontes utilizadas; relevancia dos contidos, en especial para a educación social; seguimento da normativa (APA ou similar), especialmente en citas e referencias; coherencia e corrección na redacción final do manuscrito. 40 B3
B4
B5
B6
C5
C10
C20
D4
D8
D10
D15
D20
Seminario Titorización de traballos e presentación do producto final elaborado. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B4
C1
D1
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test que avalía o grao de coñecemento dos contidos da materia 40 B4
C5
C10
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para que se contabilice na
nota final a proba tipo test, a/o estudante deberá obter nela (polo menos) unha
nota de 5 puntos sobre 10. En caso de non superar o exame tipo test, na acta
aparecerá a nota obtida no exame.

Para calcular a nota final da materia, computaranse conxuntamente as probas de Traballo tutelado (4 puntos) e de Seminario (2 puntos). Polo tanto, cunha puntuación conxunta igual ou superior a 3 puntos, consideraranse "Aprobadas" ambas probas.

Indícase, así mismo, que se conservarán as cualificacións das competencias logradas na primeira convocatoria para a convocatoria de Xullo, na cual as alumnas e os alumnos (coa materia suspensa en dicembro) serán avaliadas/os só das competencias/probas non superadas na convocatoria anterior. Para o traballo tutelado suspenso, indicaranse os aspectos xerais que deben ser mellorados.

As/os estudantes non
asistentes
deberán presentarse á proba de tipo test co mesmo temario e tipo de
preguntas que os asistentes (ata 40% da nota); tamén se lles poderá entregar
algún outro material (adicional ao do alumnado asistente) para este exame
final.

Ademais, deberán entregar
algún(s) traballo(s) de investigación teórico-práctico(s) sobre algunha das
temáticas da materia (ata 25% da nota). Este(s) traballo(s) deberá(n) ser
previamente consensuado(s) co docente da materia polo menos 2 meses antes do
exame coa finalidade de poder levar a cabo una titorización adecuada do(s)
mesmo(s) durante este período de 2 meses (polo menos, con 2 tutorías
presenciais). A actividade de "Presentación" será obrigatoria para o
alumnado non asistente. Nela, a/o estudante non asistente presentará o(s) seu(s)
traballo(s) e relacionaráo(s) con diferentes temas do temario (ata o 15% da
nota).

As datas do exame final correspondente ás
convocatorias de decembro-xaneiro e xuño-xullo poderanse consultar no taboleiro de anuncios
da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense e tamén na súa web.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000