Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación ambiental para o desenvolvemento sostible
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc. 30
Presentación Exposición de traballos por parte do alumnado 10 A4
A5
B5
C5
C6
C7
C8
C9
C10
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D13
Traballo tutelado Documento elaborado polo estudante que recompila información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante proceso de formación.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita.
30 A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
B6
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C10
C11
C12
C14
C16
C17
C19
D3
D5
D6
D7
D12
D13
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

Valorarase a adquisición de competencias da materia mediante os seguintes procedementos e criterios de avaliación e cualificación: . - Asimilación dos conceptos teórico-prácticos da materia.- Capacidade de utilizar os devanditos conceptos á hora de aplicalos en contextos específicos. - Dominio da linguaxe didáctico-científico, capacidade de argumentación e de razoamento lóxico, rigor e claridade argumentativa. - Claridade das exposicións, utilización dos recursos e elaboración do material didáctico axeitado. - Interese, iniciativa e participación do alumnado. - Capacidade de análise crítica de exemplificacións metodolóxicas, actividades e recursos propios da área. - Uso correcto da lingua, con especial atención á ortografía, sintaxe e redacción. - Uso axeitado das fontes de información e manexo correcto da bibliografía utilizada.
Os traballos presentados deben ser orixinais e mostrar claridade expositiva, estruturación e sistematización, coherencia interna, orixinalidade e creatividade, capacidade de crítica e autocrítica, capacidade de análise e síntese, e corrección ortográfica.
A cualificación final da materia resultará da integración das distintas notas nas actividades realizadas. A porcentaxe que se lle asigna a cada parte será como mostra no apartado anterior.

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.

CONVOCATORIA DE XULLO

Aqueles estudantes que non superen algunhas das probas ou actividades suxeitas a avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo. Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

Para a data oficial de exames consultar a web da facultade http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php no espazo "docencia exames"

AVALIACION PARA O ALUMNADO NON PRESENCIAL

A) PLAN DE TRABALLO PARA ALUMNADO QUE NON ASISTE A CLASES TEÓRICAS (XOVES)

- Porcentaxe cualificación: 30% da nota final

Na plataforma MOOVI, Sección Documentos iranse colgando sucesivamente os materiais e presentacións teóricas sobre as que versará o exame.

B) PLAN DE TRABALLO PARA ALUMNADO QUE NON ASISTE A DINÁMICAS (MÉRCORES)

- Porcentaxe cualificación: 35% da nota final

Realización dos exercicios que se atopen na plataforma MOOVI que se indiquen. Terán que facerse de forma individual, aínda que estean explicitados para traballo en grupo na aula.

C) PLAN DE TRABALLO PARA ALUMNADO QUE NON ASISTE AO LABORATORIO (XOVES)

- Porcentaxe cualificación: 35% da nota final

Deseño dun programa de intervención en E.A. Tedes que programar dúas sesións de 4 horas cada unha sobre unha problemática ambiental e destinatarios que vós consideredes, focalizando no deseño de actividades a realizar.

IMPORTANTE: A superación da materia supón aprobar o exame e a entrega das tarefas anteriormente descritas.

*************

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000