Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Dinámica de grupos e intervención psicosocial comunitaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Toma inicial de contacto co alumnado a efectos de:
-Presentación da materia e aclaración de posibles dúbidas ao respecto.
-Detección de coñecementos e expectativas previas en relación á materia, intereses e grao de motivación.
Seminario Actividade eminentemente práctica orientada á adquisición de coñecementos e habilidades instrumentais en relación coa intervención psicosocial comunitaria e a dinámica de grupos.
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado, así como das directrices do traballo a desenvolver polo alumnado. Adicaranse as derradeiras sesión para a súa exposición.
Traballo tutelado O alumnado, preferiblemente en grupo, e, de non ser posible esta opción, de xeito individual elaborará un traballo centrado en algún dos aspectos do temario ou realizará un proxecto de intervención con grupos.
Presentación Exposición oral por parte do alumnado, previa presentación escrita, dos traballos tutelados levados a cabo.
Eventos científicos Conferencias, charlas ou exposición ou ben mesas
redondas, debates... realizados por algún experto poñentes de prestixio, que permiten profundar ou
complementar os contidos da materia.
Seminario Entrevistas mantidas polo alumnado co profesorado para asesoramento e desenvolvemento das actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000