A materia pretende introducir ao alumnado de Educación Social no estudio dos problemas sociais desde unha perspectiva psicosocial, así como á análise e a intervención na comunidade, primando a participación activa da mesma e a potenciación dos seus recursos. Asimesmo intenta contribuir ao enriquecemento da súa formación aportando conceptos, teorías e ferramentas metodolóxicas para desenvolverse no seu labor con/en grupos, ampliando a súa perspectiva sobre os conflictos intra e intergrupales e as posibilidades de introducir dinámicas que contribúan á cooperación e a resolución consensuada e madura dos problemas da comunidade. Pretende, en suma, amosarlles as potencialidades inherentes á vida grupal fronte ás estratexias individualistas á hora de promover a calidade de vida e o benestar social d@s cidadáns e potenciar o seu labor como mediadores ou facilitadores sociales cedéndolle o protagonismo ós membros da comunidade e fomentando a súa participación en grupos formais e/ou informais.