Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Titorización a cargo do profesorado/titor/a académico

* Metodoloxías docentes que se modifican
Titorización a cargo das institucións, que pasa a manterse, eliminarse, ou pasar a telemática según os casos.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención ao alumnado é a través do e-mail, a través do despacho virtual de Campus remoto Uvigo de cada titor/a académico así como o número de teléfono do despacho. Así como con algunha reunión por Aula virtual e a través da Plataforma Moovi.
* Modificacións (se proceden) dos contidos para impartir
Completar as prácticas presenciais nas institucións, con prácticas de simulación, planificación e avaliación de programas de intervención
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non procede
* Outras modificacións
Non procede

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
*Probas xa realizadas
Situación diferente en función da realidade de cada estudante e de cada institución
(Ver cronograma)

*Probas pendentes que se modifican
Non procede
* Probas que se modifican
Non procede

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000