Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa nas condutas aditivas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Consistirán en sesións eminentemente prácticas desenvolvidas na aula (Role playing, Philips 6.6, estudo de casos, reestruturación cognitiva, etc.). relacionados coas temáticas da materia. Controlarase a asistencia. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C7
C9
C10
C12
D1
D5
D6
D7
D15
D18
Traballo tutelado
O alumnado realizará traballos, individuais ou en pequenos grupos que serán tutelados polo docente. Estes traballos serán expostos ao gran grupo nas últimas sesións maxistráis.
40 A1
A5
B2
B4
B5
C12
C20
D4
D7
Exame de preguntas obxectivas Consistirá nunha proba obxectiva de opción múltiple de resposta. 40 C1
C3
C4
C7
C8
C9
C10
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Criterios específicos de avaliación para ASISTENTES

Terán a consideración de asistentes, aqueles alumnos/as que teñan acadado un mínimo do 80% da asistencia as sesión presenciais. Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios, sendo obrigatorio para a superación da materia, ter participado nos dous primeiros apartados:

Proba obxectiva: Ata 4 puntos, debendo o alumno/a acadar un mínimo de 2 puntos para superala asignatura (a nota total suporá o 50% da cualificación da asignatura). A proba constará de preguntas tipo test e preguntas cortas de resolución de casos

2. Traballo grupal (ou individual): Valorarase ata 2 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 1. Unha puntuación por debaixo de esta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 20% da cualificación do alumno/a). Os traballos deben ser entregados antes do 23 de decembro de 2023.

3. Seminarios ou Exposicións en clase: Valorarase ata 2 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 1. Unha puntuación por debaixo de esta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 20% da cualificación do alumno/a). Os traballos deben ser entregados e presentados nas datas fixadas polo profesor.

4. Seminarios e State to art: O alumnado presentará os traballos propostos e unha revisión sobre algún tema relaciionado ca asignatura. Ata 1 punto (a nota total suporá ata o 10% da cualificación do alumno). Prazo de entrega: o día do examen teórico.

Criterios específicos de avaliación para NON ASISTENTES

Terán a consideración de non asistentes, aqueles alumnos/as que no teñan acadado o 80% da asistencia as sesión presenciais, ou ben

aqueles que antes da primeira semana de novembro non houbesen notificado a o profesor a modalidade de asistencia elixida. Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios, sendo obrigatorio para a superación da materia, ter participado nos tres primeiros apartados.

1. Proba obxectiva: Ata 6 puntos, debendo o alumno/a acadar un mínimo de 5 puntos para superala asignatura (a nota total suporá o 50% da cualificación da asignatura). 

2 Traballo (individual): Valorarase ata 3 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 2. Unha puntuación por debaixo de esta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 40% da cualificación do alumno). Traballo que ten que estar entregado o profesor antes do 23 de decembro.

3 Revisión teórica (state to art): ata 1 punto pola realización dun traballo teórico referido a un dos dous temas dos seminarios presenciais (a nota total suporá o 10% da cualificación do alumnado). Traballo que ten que estar entregado o profesor o día do examen teórico.

As datas oficiais dos Exames: ver pagina web da Facultade de Ciencias da Educación e traballo social, no espazo de "exames".

 En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Nota: “As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico”.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000