Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa nas condutas aditivas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do docente e do programa da materia. Avaliación inicial de expectativas, coñecementos e actitudes.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico. Emprégase como complemento das sesións maxistrais, para desenvolver competencias instrumentais relacionadas co marco teórico da materia.
Seminario Entrevistas que o alumno/a mantén co profesor para o asesoramento/orientación de actividades da materia (especialmente sobre os traballos tutelados e do proceso de aprendizaxe).
Lección maxistral Exposición xeral, por parte do docente, dos contidos da materia e das bases teóricas e/ou directrices do traballo a desenvolver polo alumnado. As últimas sesións dedicaranse ás exposicións, por parte do alumnado, dos seus traballos tutelados.
Traballo tutelado Todo estudante, de maneira individual ou grupal (de 2-4 alumnos/as), debe elaborar un traballo sobre un tema específico da materia. Tratásese dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a elección da temática, a procura, revisión e recollida de información, a lectura e manexo de bibliografía, a elaboración dun informe do traballo (introdución, desenvolvemento da temática, conclusións, valoracións persoais, bibliografía, etc.).
Outra opción de traballo para esta materia é a elaboración dun vídeo sobre hábitos saudables relacionados coa prevención das condutas adictivas. Terá que ter unha duración máxima de dous minutos e terán que estar relacionado coa prevención de condutas adictivas; promovendo procesos de reflexión crítica sobre os riscos derivados do consumo drogas ou outras condutas adictivas.
O alumnado de forma optativa poderá facer outros traballos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000