Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas O/A estudante desenvolve as actividades nun contexto relacionado co exercicio da profesión de educador/a social, durante un período determinado, realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas externas, valorando os seguintes criterios: Implicación persoal; Motivación; Capacidade de traballo en equipo; Puntualidade e asistencia; Formación adquirida nas prácticas; Formación universitaria axeitada ao posto; Relacións co entorno laboral; Receptividade a críticas; Capacidade técnica; Capacidade de aprendizaxe; Administración de traballos; Habilidades de comunicación oral e escrita; Sentido de responsabilidade; Facilidade de adaptación; Creatividade; Iniciativa 50 A1
A3
A5
B2
B3
B4
B5
B6
C2
C5
C6
C7
C19
D2
D9
D13
D20
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe/memoria das prácticas realizadas na institución externa, prestando valoración aos seguintes criterios: Cumprimento do proxecto formativo; Desenvolvemento das funcións establecidas; Adquisición de competencias; Aprendizaxe adquirida; Asistencia á formación complementaria para o desenvolvemento das prácticas; Asistencia ás titorías 50 A1
A3
A5
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C5
C6
C7
C19
D2
D9
D10
D13
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación organízase segundo o detallado:

 Valoracións do seguintes aspectos, recollidos no anexo IV, referentes
ao desenvolvemento das actividades das prácticas nun contexto relacionado co
exercicio da profesión de educador/a social, durante un período determinado,
realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas externas:
Implicación persoal; Motivación; Capacidade de traballo en equipo; Puntualidade
e asistencia; Formación adquirida nas prácticas; Formación universitaria
axeitada ao posto; Relacións co entorno laboral; Receptividade a
críticas; Capacidade técnica; Capacidade de aprendizaxe; Administración de
traballos; Habilidades de comunicación oral e escrita; Sentido de
responsabilidade; Facilidade de adaptación; Creatividade; Iniciativa (50%).

 Valoración dos seguintes criterios do Informe/memoria das prácticas
realizadas na institución externa: Cumprimento do proxecto formativo;
Desenvolvemento das funcións establecidas; Adquisición de competencias;
Aprendizaxe adquirida; Asistencia á formación complementaria para o
desenvolvemento das prácticas; Asistencia ás titorías (50%).

É obrigatorio ter entregado no MOOVI da materia os anexos I, II e III
perfectamente cubertos antes do inicio das prácticas na entidade externa. 

As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico” 

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web
da facultade no espazo 'datas exames”

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender
ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000