Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Programas de animación sociocultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Participación e seguimento das clases teóricas e prácticas.
Criterios de avaliación:
a) Realización de actividades propostas.
b) Elaboración e exposición do traballo grupal dos ámbitos da ASC.
15
Traballo tutelado Obrigatorio para todos os/as alumnos.
Valorarase o proxecto de ASC (descrito na parte metodolóxica) atendendo aos seguintes criterios:
- Adecuación ao ámbito da ASC.
- Coherencia interna.
- Inclusión de todos os apartados.
- Adecuación a unha realidade, libremente elexida.
40
Exame de preguntas obxectivas Obrigatoria para todos os/as alumnos.
- Proba obxectiva con opcións de resposta.
- Na puntuación final teranse en conta acertos e erros.
40
Traballo - Lectura e análise dun libro relacionado cun dos ámbitos da animación sociocultural.
- Libro-forum (se procede)
5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIO XERAL: Para facer media é imprescindible haber aprobado o examen (proba obxetiva) e o proxecto de ASC.

AVALIACIÓN CONTINUA



O alumnado que se acolla a modalidade
de avaliación continua debe ter unha asistencia do 80%. A
avaliación continua segue os criterios da guía docente. 

AVALIACIÓN GLOBAL



O alumnado que non cumpra o
criterio da asistencia (80%) ten que ir a avaliación global, modalidade de apliación para os/as non asistentes. Para a súa avaliación empregaranse os mesmos criterios que para os estudantes asistentes, coa única diferencia de que se elimina o criterio traballos de aula;, quedando a ponderación do seguinte xeito: o traballo tutelado individual (40%), a realización dunha proba escrita (40%) e o traballo dun dos ámbitos da animación sociocultural, no que se incluie a lectura dun libro e unha aproximación á realidade profesional (20%).

As actividades non superadas na 1ª
convocatoria poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as
puntuacións nas probas/actividades superadas, nese curso académico.

DATA EXAMES: A sinalada e aprobada como data oficial pola Facultade. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames".

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao aprograma PIUNE (PAT).


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000