Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Programas de animación sociocultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias - Avaliación dos conocimentos previos do alumnado.
- Presentación xeral da materia e a súa organización.
- Orientacións acerca da bibliografía.
- Orientacións dos traballos requeridos.
Lección maxistral - Exposicións por parte dos docentes dos temas da materia.
- Presentación de materiais básicos.
Resolución de problemas Realización de actividades na aula propostas polos docentes
Traballo tutelado Neste apartado faremos referencia específicamente as orientacións para o alumnado dos traballos obrigatorios esixidos para superar a materia. Como actividades obrigatorias, exíselles aos estudiantes dous traballos. O primeiro,
que ten un peso importante na nota consiste na elaboración dun programa de animación sociocultural, adaptado a unha realidade específica (previo análise da mesma) e de libre elección por cada estudiante (non se permite elexir a mesma realidade), cunha duración mínima de 4 meses. Pode facerse indivualmente (obrigatorio para os non asistentes) ou en parellas, que logo farán unha exposición do mesmo, donde a profesora preguntará a calqueira dos compoñentes do grupo. Este traballo consiste na aplicación do estudado nas clases prácticas. Data de entrega: 1 de decembro.

O segundo traballo, de menor adicación, é de carácter grupal e facilita a profundización por parte dos estudiantes nun ámbito da animación sociocultural, elexido según preferencias. Tras a selección pídeselle que realicen un estudio teórico-práctico do mesmo, que posteriormente será presentado na clase, para finalizar o tema 3. Data de entrega: 30 de setembro.

Por último, un terceiro traballo de carácter optativo e individual, consiste na lectura e análise dun libro relacionado cun dos ámbitos da animación sociocultural. Data de entrega: 15 de novembro.

A realización destes traballos implica:
- Busca e consulta de fontes bibliográficas e documentais
- Lectura e análise dos documentos teóricos que fundamentan o mesmo.
- Diseño, e aplicación de instrumentos para a recollida de datos, así como análise dos mesmos (parte práctica)
- Elaboración do informe final (para a súa entrega)
- Exposición oral dos traballos realizados en pequenos grupos para o grupo-clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000