Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Mediación en conflitos e situacións de violencia
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Mediación en conflitos e situacións de violencia Código O05G130V01502
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Isorna Folgar, Manuel
Correo-e isorna.catoira@uvigo.es
Profesorado
Isorna Folgar, Manuel
Web
Descrición xeral Os termos ""conflito"" e ""violencia"" están estreitamente relacionados. O conflito é inherente á persoa humana e á sociedade: o individuo é un ser en conflito e non pode deixar de selo. Non obstante, non sucede o mesmo coa violencia: a violencia non está na natureza humana; senón tan só o potencial para a violencia, pero as circunstancias condicionan a realización dese potencial (Galtung, 1997). O conflito non necesariamente ten que rematar en violencia física ou verbal. O fracaso na transformación do conflito é o que conduce á violencia. A complexidade da sociedade actual está a xerar novas formas de conflito e violencia tanto nos espazos públicos como nos privados. A través do desenvolvemento dos contidos desta asignatura tentamos debater sobre os diferentes contextos de relación e socialización das persoas, identificar conflitos e situacións de violencia nos ámbitos familiar, penal xuvenil e escolar, analizando as súas causas e as respostas producidas; presentando posibles estratexias de xestión e resolución dos conflitos desde unha perspectiva positiva e creativa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000