Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa na infancia e adolescencia en situación de risco social
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C2 Estar capacitado/a para o diagnostico e a mediación na prevención e resolución de conflitos en condicións de desigualdade e crises en comunidades socioeducativas
C5 Coñecer os fundamentos do deseño e uso dos medios, recursos e estratexias para a intervención socioeducativa e incorporalos nos diferentes ámbitos de acción socioeducativa
C6 Comprender a traxectoria da educación social e a configuración do seu campo e identidade profesional, a nivel comunitario, estatal, europeo e internacional
C8 Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...)
C12 Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención socioeducativa no ámbito do desenvolvemento comunitario e cooperación ao desenvolvemento
C14 Deseñar, aplicar e avaliar programas de educación permanente e de persoas adultas e anciás
C15 Deseñar, aplicar e avaliar programas para a inserción social e laboral
C16 Elaborar e interpretar informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos
C17 Dominar as metodoloxías de dinamización social e cultural
C18 Ter capacidade para potenciar as relacións interpersoais, desenvolver habilidades de comunicación interpersoal, solidariedade e empatía
C19 Administrar, coordinar e supervisar entidades, equipamentos e grupos, en función de diferentes contextos e necesidades
D2 Planificación e organización
D3 Comunicación oral e escrita na/s lingua/s materna/s con apertura a outros códigos lingüísticos, en especial, as linguas cooficiais na comunidade galega
D4 Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional
D5 Xestión da información
D6 Resolución de problemas e toma de decisións
D7 Dominio de metodoloxías e técnicas educativas, dinamizadoras de asesoramento e orientación
D8 Capacidade crítica e autocrítica
D9 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos doutras áreas e en distintos contextos
D10 Recoñecemento e respecto de a diversidade e multiculturalidade
D11 Habilidades interpersoais
D12 Compromiso ético
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000