Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Habilidades sociais en educación social
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Transmitir, promover e desenvolver a cultura
B2 Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais
B3 Intervir como mediador social, cultural e educativo
B4 Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos
B5 Deseñar, implementar e evaluar programas e proxectos socioeducativos
B6 Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos
C1 Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa
C6 Comprender a traxectoria da educación social e a configuración do seu campo e identidade profesional, a nivel comunitario, estatal, europeo e internacional
C8 Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...)
C10 Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas adictivas, institucións penitenciarias, e persoas e colectivos en risco de exclusión...)
C11 Organizar e administrar proxectos e servizos culturais, ambientais, de lecer e tempo libre
C12 Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención socioeducativa no ámbito do desenvolvemento comunitario e cooperación ao desenvolvemento
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Planificación e organización
D8 Capacidade crítica e autocrítica
D12 Compromiso ético
D14 Adaptación a situacións novas
D17 Iniciativa e espírito emprendedor
D18 Apertura á aprendizaxe ao longo de toda a vida
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000