Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación para o lecer e o tempo libre
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (detección de coñecementos previos, motivacións,...) e a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte do/a profesor/a dos contidos da materia "Educación para o lecer e o tempo libre"
Traballo tutelado Os/as estudantes, en grupo, elaboran un documento e/ou investigación sobre a temática da materia. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc.
Presentación Exposición oral por parte do alumnado, ante a docente e o alumnado, dos resultados do traballo tutelado (previa presentación escrita).
Obradoiro Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre a educación para o ocio e o tempo libre, con asistencia específica por parte do/a profesor/a ás actividades individuais e/ou de grupo que desenvolven os estudantes.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. Empregándoas como complemento das clases teóricas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000