Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación de persoas adultas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Educación de persoas adultas Código O05G130V01401
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Seoane Pérez, Emilia
Correo-e emiliasp@uvigo.es
Profesorado
Seoane Pérez, Emilia
Web http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/
Descrición xeral A Educación de Persoas Adultas, recoñecida como un campo da Educación Social, de cara a proporcionar unha formación científica e experiencial nos seus estudos universitarios, ven avalado por unha longa traxectoria que comeza a súa andaina no Real Decreto 1420/1991 (RD 1420/1991, BOE 10-10-1991), momento no que a Educación Social acada o seu estatus universitario.
No Plan de Estudos da Universidade de Vigo, para o título de Grao en Educación Social, a materia de Educación de Persoas Adultas, ten carácter obrigatorio, impártese no 2º cuadrimentre do 2º curso cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS.
Esta materia, ten por obxecto o estudo e a análise histórico, conceptual, metodolóxico e legal da Educación de Persoas Adultas, coa finalidade de que o estudantado coñeza, comprenda e utilice correctamente os termos relacionados coa Educación de persoas adultas;comprenda os diferentes modelos de Educación de persoas adultas así como que coñeza e identifique os ámbitos de actuación da educacion de persoas adultas, analizando e comprendendo a súa relación cos seus antecedentes históricos,as situacións presentes e as necesidades emerxentes tendo en conta os diferentes cambios educativos,económicos, laborais, culturais, sociais, ecolóxico-ambientais e políticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000