A Educación de Persoas Adultas, recoñecida como un campo da Educación Social, de cara a proporcionar unha formación científica e experiencial nos seus estudos universitarios, ven avalado por unha longa traxectoria que comeza a súa andaina no Real Decreto 1420/1991 (RD 1420/1991, BOE 10-10-1991), momento no que a Educación Social acada o seu estatus universitario.
No Plan de Estudos da Universidade de Vigo, para o título de Grao en Educación Social, a materia de Educación de Persoas Adultas, ten carácter obrigatorio, impártese no 2º cuadrimentre do 2º curso cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS.
Esta materia, ten por obxecto o estudo e a análise histórico, conceptual, metodolóxico e legal da Educación de Persoas Adultas, coa finalidade de que o estudantado coñeza, comprenda e utilice correctamente os termos relacionados coa Educación de persoas adultas;comprenda os diferentes modelos de Educación de persoas adultas así como que coñeza e identifique os ámbitos de actuación da educacion de persoas adultas, analizando e comprendendo a súa relación cos seus antecedentes históricos,as situacións presentes e as necesidades emerxentes tendo en conta os diferentes cambios educativos,económicos, laborais, culturais, sociais, ecolóxico-ambientais e políticos.