Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Rubín Álvarez, Abraham
Correo-e
abraham.rubin@uvigo.es
Profesorado
Rubín Álvarez, Abraham
Web
Descrición xeral
A materia Xénero e Educación Social propón unha reflexión crítica sobre o modo en que as sociedades constrúen as identidades de xénero, organizan as relacións entre os sexos e atribúen significados, funcións e expectativas ás persoas. Partindo da filosofía, das teorías feministas e das ciencias sociais, analízanse os procesos históricos que configuraron as desigualdades de xénero e examínanse os principais conceptos e debates que articulan este campo de estudo na actualidade.
Ao longo da materia abórdanse cuestións relacionadas coa igualdade, a cidadanía, a educación, o poder, as normas sociais, a identidade, a diversidade e as representacións culturais, prestando especial atención ao papel que desempeñan as institucións educativas e socioeducativas na reprodución ou transformación destas dinámicas. O obxectivo é proporcionar ao alumnado ferramentas analíticas que lle permitan comprender a complexidade das cuestións de xénero e desenvolver intervencións socioeducativas fundamentadas, críticas e comprometidas coa promoción da igualdade e da inclusión social.