Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación da temática teórica exposta polo profesor na aula mediante probas que combinen preguntas de resposta curta con preguntas tipo test. Débese acadar un nivel medio como mínimo para poder sumar a puntuación dos outros apartados e facer a media. 40 A1
A4
B1
B4
C1
C5
D1
D4
Seminario Avaliación de actitividades prácticas de carácter monográfico de aula mediante informes/memorias individualizadas que impliquen a descripción da actividade realizada na aula e reflexión sobre a súa vinculación coa materia e titulación 15 A2
A3
A5
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C5
C8
C9
C11
C13
Traballo tutelado Avaliación do traballo monográfico relacionado coa materia que o/a estudante/a realiza de maneira autónoma en grupo, de xeito cooperativo e baixo a supervisión do profesor. Este traballo combinará unha parte individual e outra grupal. Ademáis da estructura e contido se avaliará a presentación do traballo ou proxecto.
O traballo inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e presentación, manexo das TIC e a Plataforma TEMA. A presentación final dos traballos faraa cada grupo diante de todos os demáis grupos en horario reservado para as últimas sesións maxistrais, cando está reunido o gran grupo, e farase avaliación e coevaluacións desas presentacións.
30 A2
A3
A5
B4
C1
C5
C12
C13
C14
C15
D1
D4
Presentación A avaliación das exposicións súmase aos traballos tutelados, dos que forma parte, e terase en conta a relevancia dos contidos tratados, a coherencia, claridade e atractivo da exposición 15 A4
B4
D1
D4
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Observacións

a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a
Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT).

b. Para as materias que forman parte do curso ponte, debería
incluirse unha referencia específica para ter en consideración a especificidade
e experiencia profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a
conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para
alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase
un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e
probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado
do curso ponte ou profesionais en exercicio”.

 Avaliación

Alumnado Non Presencial que non poida seguir actividades de
aula de xeito regular: criterios similares aos da modalidade presencial coa
salvedade de que como non participan nas actividades prácticas de aula
compensarán éstas con un traballo adicional práctico ademáis do teórico. A súa
avaliación basearase en: examen que combina preguntas de tipo test con
preguntas curtas sobre material impreso vinculado con temario que se lle
indicará oportunamente nun traballo teórico (25%
máximo da calificación), un traballo práctico (25% máximo da calificación),
ambos planificados previamente de acordo co profesor. Para facer a media dos
traballos co exame haberá que ter aprobado éste.

 O alumnado de
modalidade presencial que non alcance o 70% de asistencia nos controis que se
fagan nas sesións teórico-prácticas, enténdese que pasaría á modalidade de tipo
non presencial.

Segunda Convocatoria (Xullo): se conservarán para a
Convocatoria de Xullo as calificacións das competencias e probas superadas en
convocatorias previas,  examinándose o
alumnado só das competencias e probas non superadas anteriormente.

 “As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico”.

Nota: data oficial de exame do 1º Período/Cuatrimestre (ver
Taboleiro Titulación ou web da Facultade 
para saber día, hora e aula, e data revisión).  http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Examen convocatoria de xullo: (ver Taboleiro Titulación ou
web da Facultade  para saber día, hora e
aula, e data revisión):

http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000