Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Historia da educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Cada alumna/o realizará un traballo individual de curso, en base aos contidos da materia obxecto de estudo, tutelado pola profesora e coa posterior defensa e explicación ante a profesora nas sesións titoriais. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
C1
C5
C8
D1
D4
D7
Presentación Cada grupo pequeno de alumnado (3 a 5 persoas), realizará unha presentación / exposición á clase a partires da realización dun traballo grupal de curso, en base aos contidos da materia obxecto de estudo, tutelado pola profesora. 25 A1
A2
A3
A4
B4
C1
C5
C8
C13
D1
D4
Cartafol/dossier Cada alumna/o, elabora un documento que recompile información sobre as experiencias, temario da materia, así como traballos e tarefas elaborados individualmente ou en grupo durante o proceso de formación. O cartafol será ademais un instrumento de seguimento e avaliación continua do proceso educativo. 20 A1
A3
A5
B3
B4
C1
D1
D4
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación de competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30 A1
A2
A5
B3
B4
B6
C5
C8
C14
D1
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  1. As cualificacións indicadas en termos porcentuais no cadro supra son as máximas que se poden acadar en cada unha das probas na MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA
  2. Para acollerse á MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA o alumnado terá unha asistencia  mínima do 80% nas clases do grupo-clase e o mesmo, un 80% ás clases de grupo mediano (GM). 
  3. Para superar a materia na MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA o alumnado  deberá superar todas as probas referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha das probas avaliables.
  4. MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL: Esta modalidade de avaliación está dirixida a: ao alumnado que non cumpra o 80% da asitencia especificada no punto nº 2 ou a aquel que opte por esta modalidade, sempre e cando llo comunique á profesora na primeira quincena de impartición da materia.
  5. A MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL consistirá nun exame sobre a totalidade do temario da materia, de preguntas obxectivas (cunha valoración do 60%) e nun traballo individual tutelado pola profesora e definido en base aos contidos e obxectivos da materia (cunha valoración do 40%, do que o 20% corresponderase coa elaboración e entrega do mesmo e o 20% restante corresponderase coa defensa e presentación oral á profesora). Para superar a materia por esta modalidade de avaliación, o alumnado deberá superar as dúas probas referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha delas.
  6. EXAMES:  As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas exames"
  7. Segunda oportunidade (xullo): As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª do mesmo curso académico.
  8. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000