Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Historia da educación social
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución á historia da educación social.
1. Precisións conceptuais e metodolóxicas. Presentación de contidos, metodoloxía, modelo avaliativo e actividades da materia.
2. O proceso de construción do concepto actual de infancia, adolescencia e xuventude. 2. A conquista do estatuto actual de infancia. A moderna percepción social do neno. A educación nas políticas sociais da modernidade.
3. As políticas sociais da modernidade. 3. O novo concepto de pobreza. Programas e institucións para a educación e integración social da infancia marxinada. Da política social de Luis Vives á política social ilustrada.
4. As políticas sociais contemporáneas: do estado liberal aos novos estados do benestar.
4. A acción socioeducativa do estado liberal. Problemática e intervención socioeducativa no campo da delincuencia, o abandono e o traballo infantil e xuvenil. Da beneficencia aos mecanismos modernos de previsión e asistencia social. O movemento de protección á infancia e a creación dos tribunais específicos para menores
5 . Precedentes da animación socio-cultural e do desenvolvemento comunitario. 5. Colonias escolares de vacacións, campamentos xuvenís, escolas de verán, asociacionismo xuvenil.
6.Achegamento histórico á educación permanente e de persoas adultas. 6. Inicios e desenvolvemento da educación de persoas adultas.A educación de adultos nos séculos XIX e XX. Iniciativas e institucións de educación de adultos: Escolas de adultos, Bibliotecas Populares, Extensión Universitaria, Universidades Populares, Misións Pedagóxicas, Campañas de Alfabetizacion e Capacitación Profesional
7.Proceso de profesionalización do/a educador/a social. 7. Iniciativas, prácticas e institucións no ámbito da educación social. Sectores emerxentes para a educación social.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000