Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Educación permanente
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facutlade de Educación e Traballo social. Empregarase unha metodoloxía de aprendizaxe colaborativa, que comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.

Organización de traballos en pequenos grupos co fin de profundizar en aspectos particulares das áreas temáticas expositivas.

Aplicación práctica e funcional dos contidos.
Seminario Formación complementaria aos traballos específicos de aula e os traballos tutelados.
Traballo tutelado Traballos organizados en grupo medio, co fin de elaborar prácticas de aproximación á realidade de diferentes áreas da educación permanente: innovación e investigación.
Seminario Supervisión en grupo, mediante fichas estruturadas de seguimento.
Presentación Exposición- presentación dos traballos de aula e dos traballos tutelados en gran grupo, mediante o uso de recursos actuais tecnolóxicos.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver.



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000