Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Recursos tecnolóxicos en educación social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación Intervención do alumnado feita a partir da realización dos exercicios resoltos ou de situacións problemáticas asociadas co contido da sesión maxistral, baseada na exposición verbal e apoiada no emprego de recursos didácticos a través da que tamén se interactuará e debaterá co grupo aula dun modo ordeado: propoñendo cuestións, facendo aclaracións ou desenvolvendo actividades de forma dinámica.
Lección maxistral Exposición oral pola profesora apoiada en recursos didácticos, medios audiovisuais e TIC, coa incorporación da estratexia da interrogación didáctica dirixida aos estudantes, a posta en marcha de actividades e a exposición de traballos coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento competencial.
Traballo tutelado Unha vez concretado o núcleo do traballo en grupo, o alumnado discutirá e formulará as súas dúbidas a-o docente para desenvolvelo profundizando nalgún aspecto da materia e finalmente presentarao ó grupo aula.
Aprendizaxe colaborativa Para o traballo a realizar partirase da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballe de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa aprendizaxe.
Foros de discusión Actividades desenvolvidas na contorna virtual para debater temas de actualidade relacionados dentro do marco da materia co ámbito académico e/ou profesional.
Prácticas de laboratorio Esta metodoloxía posibilítalle ao alumnado a aprendizaxe a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio, indagando no funcionamento técnico dos aparatos dixitais e o desenvolvemento de habilidades e capacidades informáticas/dixitais e de tipo didáctico para abordar o deseño, desenvolvemento de proxectos, análise de experiencias socioeducativas, busca, tratamento e valoración da información, etc. Este sentido práctico vai combinado e alternando nas diversas prácticas o emprego de estratexias de gamificación, colaborativas, entre outras.
Prácticas de campo Actividades para aproximarse e indagar sobre a realidade, posibilitando ao estudantado o contacto e a reflexión sobre experiencias prácticas da contorna social e humana, máis aló do marco teórico.
Gamificación Actividades con aplicación de mecánicas propias dos xogos para a utilización no proceso de aprendizaxe e interacción nun entorno lúdico que propicia a motivación, implicación e diversión.
Cartafol/dossier Recompilación do traballo do/a estudante coa finalidade de amosar os seus esforzos, progresos e a súa produción. O alumnado deseñará técnica e didacticamente, desde a parte práctica, baixo o asesoramento do profesorado, un eporfolio para recoller e presentar a totalidade do traballo desenvolto nas prácticas de laboratorio, aportando as evidencias e os produtos obtidos ao longo do curso. O estudantado desenvolverá en formato dixital un informe/diario de prácticas, baixo as indicacións da-o docente que serán detalladas oportunamente. O seu desenvolvemento farase ao longo do cuadrimestre e será revisado regularmente. O desenvolvemento e a entrega será feita en formato dixital, e se fose necesario tamen impreso, e cerrarase a última semana do cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000