Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Recursos tecnolóxicos en educación social
   Contidos
Tema Subtema
CONTIDOS TEÓRICOS VINCULADOS COS PRÁCTICOS SÍNTESE DOS EPÍGRAFES
1. Bases conceptuais do ámbito disciplinar. 1.1. Aproximación conceptual aos termos e recursos didácticos, novas tecnoloxías, TIC, etc.
1.2. Funcións e clasificación dos recursos didácticos e das TIC.
2. Los medios tecnolóxicos e dixitais e o seu potencial socioeducativo: As TIC e o seu potencial contextual. 2.1. Integración das TIC nos ámbitos de traballo do educador/a social.
2.2. Posibilidades organizativas, administrativas, etc.
2.3. Potencial didáctico das TIC.
3. Os sistemas multimedia e a súa aplicación na educación non formal. 3.1. Concepto e características dun contorno multimedia.
3.2. Posibilidades didácticas do multimedia.
4. As redes telemáticas na educación. 4.1. Os medios de comunicación da rede: o seu uso como recursos de ensino-aprendizaxe.
4.2. Internet e os servizos que ofrece de uso para o campo da E. social.
5. Alfabetización audiovisual. 5.1. A imaxe e o son: os seus compoñentes.
5.2. Lectura de imaxes.
5.3. O vídeo como instrumento de traballo.
6. O paso dos medios tradicionais ó novos medios e o seu potencial educativo. 6.1. Nos medios de imaxe fixa.
6.2. Nos medios de comunicación social.
CONTIDOS PRÁCTICOS VINCULADOS COS TEÓRICOS BREVE DESCRICIÓN
1. Emprego de programas do paquete de Microsoft Office e/ou de software libre. - En aplicacións organizativo-administrativas.
- Para aplicacións didácticas, presentacións e/ou de tipo lúdico.
2. Internet como recurso socioeducativo. - Emprego dos medios de comunicación da rede.
- Uso dos principais servizos de internet aplicados ao campo da E. Social.
- Traballo con páxinas web.
3. Producións informáticas/dixitais susceptibles de uso socioeducativo. - A partir de programas de tratamento de textos, de documentais e de recursos da web elaboración e desenvolvemento de creacións en soporte dixital de materiais ou recursos socioeducativos.
- Elaboración de produtos multimedia aplicados o campo da E. Social.
4. Imaxe fixa e en movemento. - Análise de documentos dixitais con imaxe fixa e en movemento.
- Selección, adaptación, creación e aplicación da imaxe ás presentacións e proxeccións formativo-comunicativas e/ou lúdicas.
5. Avaliación de software susceptible de uso socioeducativo. - Selección, descrición, análise e valoración do contido dalgún recurso dixital.
- Identificación, análise e proposta para a implementación dalgún videoxogo susceptible de uso socioeducativo.
6. Observación de experiencias innovadoras sobre o emprego de novos medios no campo profesional. - Observación directa dalgunha experiencia innovadora con tecnoloxía punta, se é posible en contexto natural ou vía internet (apoiándose na etnografía virtual) para realizar unha análise e valoración da mesma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000