Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Metodoloxía de investigación socioeducativa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Prácticas individuais 20
Prácticas de laboratorio Para sumar apartados: cualificación mínima de 1 sobre 2 puntos. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B4
C1
C3
C4
C7
D1
D4
D5
D6
D7
D20
Traballo tutelado Para sumar apartados: cualificación mínima de 0,75 sobre 1,5 puntos. 10 A3
A4
A5
B1
B2
B3
C1
C2
C3
C19
C20
D1
D4
D5
D6
D7
D8
D16
D20
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final escrito: preguntas de comprensión e relación entre conceptos da materia.
Para sumar a puntuación de ambas as partes do exame é necesario obter unha cualificación mínima de 1 sobre 2.
20 A1
B1
B4
C1
C3
C4
C5
C6
D1
D4
D5
D6
D7
D20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final escrito: supostos nos que se presenta unha situación práctica vinculada a diversos contidos tratados na materia.
Para sumar a puntuación de ambas as partes do exame é necesario obter unha cualificación mínima de 1,8 sobre 3,6.
20 A3
A5
B4
C3
C4
C7
D1
D5
D6
D7
D20
Presentación Exposición e posta en común de traballos.
Para sumar apartados: cualificación mínima de 0,75 sobre 1,5 puntos.
10 A2
A4
B4
B5
C1
C2
C4
C7
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na convocatoria
ordinaria, para obter a calificación de aprobado, o alumno/a deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais, realizar en prazo
todas as actividades así como cumprir os seguintes requisitos:

- Alumnado asistente. O itinerario ordinario, é dicir, a avaliación continua, é posible
para aquel alumnado que teña, como mínimo, o 80% da asistencia e unha participaciación activa na aula. Neste caso, para poder sumar todas as
puntuacións, é imprescindible alcanzar unha calificaciación mínima (2 sobre 4
puntos) na parte teórica da materia (proba escrita), así coma unha calificaciación mínima (3 sobre 6 puntos) na parte práctica da mesma
(prácticas avaliables individuais e/ou grupais). De acadarse as puntuacións mínimas esixidas, a calificaciación global sobre 10 puntos será a suma das
notas parciais. 

- Alumnado non asistente. O itinerario alternativo é para aquelas persoas que, por razóns
debidamente xustificadas, teñan máis dun 20% de ausencias a clase ou que, cunha porcentaxe inferior de ausencias, non entregasen reiteradamente en tempo e forma
os traballos que permitan avaliar o logro das competencias propias
da materia. O alumnado que se atope nesta situaciación será cualificado
coas notas das partes teóricas e prácticas. A sua puntuación final será como máximo de 10 puntos. O exame será o mesmo e nas mesmas condicións que o
alumnado asistente. Se deberán realizar as practicas avaliables de
forma individual e a entrega dos mesmas será o día oficial de realización da
proba de exame. A cualificaciación dos traballos se realizará con idénticos criterios aos utilizados co alumnado asistente.

En caso de non ter superada a materia, as competencias non
adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Aquel alumnado (asistente
ou non asistente) que suspenda, non alcance o mínimo esixido ou non teña puntuaciación, terá unha convocatoria extraordinaria
na cal se poderán recuperar os apartados pendentes (proba escrita e/ou
traballos) nas mesmas condicións de cualificaciación e a mesma
proporcionalidade que na convocatoria ordinaria. Aquel alumnado que non supere a materia na
convocatoria ordinaria, estará exento en convocatorias sucesivas de avaliar as
partes superadas.

Os materiais obrigatorios para preparar a materia,
especialmente a proba escrita, son os documentos correspondentes a cada
tema (documento *Tema_X) xunto coas aprendizaxes das sesións teórico-prácticas. 

A efectos evaluativos, un mesmo traballo non pode ser
utilizado para outras materias e si este non cumpre os aspectos formais
esixidos (en especial, citación incorrecta de autorías ou plaxio) será rexeitado. Todos os traballos entregados mediante a plataforma MooVi serán analizados mediante o sistema anti-plaxio da UVigo.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de Ciencias da Educación, no espazo "datas": http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000