Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Teorías e institucións educativas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Educación: Teorías e institucións educativas Código O05G130V01103
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Nogueiras Mascareñas, Luís Miguel
Correo-e miguel.mascarenhas@edu.xunta.es
Profesorado
Nogueiras Mascareñas, Luís Miguel
Web http://fcce.uvigo.es/es/docencia/profesorado/luis-miguel-nogueiras-mascarenas/
Descrición xeral Esta materia é clave dentro da titulación e debe servir para fundamentar os coñecementos en torno á educación, movementos e institucións educativas, iniciando a formación do pensamento pedagóxico teórico-práctico e da evolución histórica do sistema escolar ata o actual universo educativo. Facilita, no marco do plan de estudos desta titulación e das materias que o configuran, unha visión teórico-aplicada que parte da realidade socioeducativa que se desenvolve no campo da Educación Social e achega ao estudante desta titulación ás diferentes institucións educativas que se enmarcan nun amplo universo educativo, salientando como propias destes estudos, sobre todo, as relacionadas coa educación non formal.
Relaciónase especialmente esta materia, e resulta unha base imprescindible polo seu achegamento ás institucións obxecto de estudo, co Practicum I e co Practicum II (materias troncais), coa Educación Permanente (materia troncal), así como coas materias de Educación de Persoas Adultas, coa Educación non formal e a Pedagoxía do Ocio (ambas as dúas de carácter obrigatorio).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000